¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
PERTE da Economía Social e dos Coidados
PERTE da Economía Social e dos Coidados

O Goberno transforma a Economía Social e dos Coidados coa maior inversión da historia: 800 millóns

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, presentaron o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da Economía Social e a Economía dos Coidados, unha aposta firme por un modelo produtivo de demostrada eficacia económica e impacto social, que contará con 800 millóns de euros para o seu desenvolvemento.

"O que facemos con este PERTE é situar a Economía Social e dos Coidados no centro da nosa acción de Goberno. Iso é pensar en grande", asegurou Díaz na presentación do PERTE no complexo presidencial de Moncloa, nun acto ao que asistiron tamén un nutrido grupo de ministros e representantes da Economía Social.

Este investimento, que recibe achegas dos fondos Next Generation, ten como eixe central afianzar a Economía Social e transformar a Economía dos Coidados polo seu potencial para xerar emprego estable e de calidade, cohesión social e desenvolvemento inclusivo de xeito innovador e sostenible, á vez que respetuoso co medio ambiente.

A Economía Social e dos Coidados no centro

En palabras da titular de Traballo, "o gran obxectivo deste PERTE, "ademais do desenvolvemento da Economía Social como valor central, está nunha estratexia deliberada do Goberno de España na centralidade dos coidados no noso país".

As entidades que conforman este ecosistema produtivo dan traballo de forma directa e indirecta a 2,2 millóns de persoas en España, o primeiro país dos 27 en contar cunha Lei da Economía Social, que data de 2010.

Neste plan estratéxico participan 12 ministerios, aos que Díaz agradeceu expresamente o seu compromiso na iniciativa, que será aprobada o vindeiro martes en Consello de Ministros.

Un PERTE de forte compoñente social

O PERTE foi ideado poñendo ás persoas no centro e conta cun compoñente social moi marcado, especialmente na transformación da Economía dos Coidados.

Vai dirixido ao tecido empresarial da Economía Social, integrado na súa maioría por pequenas e medianas empresas (PEMES). Este tipo de entidades fixeron fronte aos vaivéns económicos producidos pola crise ou a pandemia cunha menor perda de emprego e de negocios.

Dous obxectivos xerais e un estratéxico

Este proxecto foi estruturado en torno a dous grandes obxectivos xerais: o impulso e desenvolvemento da Economía Social e o fortalecemento dos servizos avanzados no ámbito dos coidados accesibles e centrados nas persoas.

"O que queremos é conformar un sistema central de coidados en España, modernizando a atención dos coidados no noso país. Profesionalizando a todos os sectores involucrados no sector dos coidados, modernizando os servizos sociais en España", explicou a ministra.

Un terceiro obxectivo, xa de carácter estratéxico, consiste na configuración dun hub de vangardia ao servizo da Economía Social, que sirva como referente para o intercambio de coñecemento coas entidades que compoñen o amplo ecosistema da Economía Social.

Para Díaz, "os valores da Economía Social son os valores deste Goberno que coida, que é sostenible, que é feminista, que defende a democracia, que pensa en grande situando a mellora da vida diaria no centro. Este é o país que queremos".

España, referente en Economía Social

España é un referente en Europa en Economía Social, un sector que constitúe o 10% do PIB e está integrado por máis de 43.000 empresas nas que o fin social prima sobre o capital, as decisións adóptanse de forma democrática e os beneficios económicos se reinvierten na propia entidade.

"Pensar en grande é pensar nas persoas, en vidas mellores. Non hai maior ambición para un Goberno que lograr o benestar social, e iso é o que logra este modelo económico que nos ofrece unha resposta sólida, cohesionadora, á economía tradicional, á economía produtiva", afirmou a vicepresidenta.

EVENTO COMPLETO

FonteMoncloa

Representantes da Economía Social
Representantes da Economía Social
Representantes da Economía Social
Representantes da Economía Social
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar